Bos días familias!

sábado, 20 de junio de 2020

MEMORIAS DE TERCEIRO


Nesta última semana, lembráchedes moitas cousas e temas que aprendíchedes este curso, anotáchedes as que máis vos gustaron, recordáchedes os libros que se leron, escribíchedes o que aprendíchedes durante a corentena tan longa que pasamos e ao final despedístesvos dos compañeiros e compañeiras cunha mensaxe. 

Fixemos con todas as que nos chegaron esta recompilación que aquí vos poñemos.

NESTE CURSO 2019- 2020...



                       QUEN SOMOS?: A NOSA FOTO OU O O NOSO DEBUXO












COUSAS NOVAS E TEMAS QUE APRENDÍN 

 

  




O QUE MÁIS ME GUSTOU FOI...






OS LIBROS QUE LIN



O QUE APRENDÍN DURANTE A CORENTENA...







MENSAXE DE DESPEDIDA AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS












viernes, 19 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.




Algunhas familias preguntan por algún material co que traballar durante o verán. As familias que así o desexen, poden rematar os cadernos que quedaron sen acabar, tanto de matemáticas coma o de Harry Potter para clasificar palabras.

Os que queiran retomar algunhas das actividades propostas, tamén poden facelo con calma se así o consideran oportuno. O blog vai seguir aberto para que todas as familias que o consideren poidan ter acceso as actividades.


As nosas recomendacións para o verán son as seguintes ( para as familias que queiran repasar durante o verán):

Recomendamos a lectura, tanto en castelán coma en galego. Sobre todo en galego.

 Colgouse na web do centro, a guía de lecturas de verán con recomendacións de libros para ler. A través do seguinte enlace, http://agrobiblio.blogspot.com/, entraredes na páxina da biblioteca do centro e aí podedes consultar a guía de lecturas de verán. 

- Matemáticas: repasar o cálculo: sumas, restas, as táboas de multiplicar, multiplicacións por unha cifra ou por dúas cifras, divisións por unha cifra e  a resolución de problemas.

- Lengua e lingua: os que queiran, repasar a clasificación de palabras: substantivo, adxectivo, determinante e verbo.

Con todo iso xa sería suficiente pero se algunha familia o prefire, ten a opción de coller algún caderno de repaso.
Existen varias editoriais que elaboran libros de repaso para as vacacións de verán. Propoñémosvos un caderno de repaso para o verán da editorial vicens vives, que foron os libros cos que traballamos este curso.



Este é o libro en castelán, pero tamén está dispoñible en galego (recomendámosvos o libro en galego). Na versión en castelán non teñen incorporado o repaso de galego. Na versión de galego, podedes atopar a parte de lengua e ademais a parte de lingua, sociais e naturais tamén en galego.


Se non atopáredes este libro podedes coller calquera outra, como por exemplo, Santillana que tamén teñen libros de repaso para o verán.


















DESPEDIDA DAS PROFESORAS!






XUÑO XA CHEGOU!

Cerramos o curso despois de varios meses de esforzos, de éxitos, de ensaios, de erros e de progresos. É o momento de facer balance, e o balance que facemos é moi positivo tendo en conta por todo o que pasamos xuntos.
Outro grupo de nenos e nenas pasa polas nosas vidas deixando unha pegada nas nosas emocións, sentimentos, e como xa sabemos na nosa profesión todo pasa primeiro polo corazón. E nós, as vosas profesoras e profesores querémosvos moito a todos/as. No noso corazón hai espazo para todos/as.
Ademais, esperamos tamén ter deixado nos nosos alumnos a nosa pegada. Que nos recorden con cariño e recorden aquelas cousas que aprenderon con nós. Queremos agradecer todo o bo que recibimos día a día dos nosos nenos e nenas.
Debedes recordar as cousas boas, pero tamén os erros.  Porque son os que nos fan máis sabios cada día. Propoñédevos  novas metas, desfrutade do que vos rodea dentro do posible. Sempre hai unha luz ao final do camiño. Aínda que todo pareza confuso o próximo curso, seguro que todos atoparemos esa luz.


DESFRUTADE DAS VACACIÓNS, DESCANSADE, RELAXÁDEVOS E REPOÑEDE FORZAS! AS VOSAS PROFESORAS AGARDAN POR VÓS O CURSO QUE VÉN CON TODA A ILUSIÓN DE SEMPRE!






jueves, 18 de junio de 2020

NACEMENTO DA BOLOBORETA MACAÓN


O NACEMENTO DA BOLBORETA MACAÓN. O PROCESO DENDE EIRUGA A BOLBORETA.


Este vídeo foi elaborado por Nerea e a súa familia. É o estudo da evolución que pasa unha eiruga para converterse na bolboreta Macaón. Nerea quixo compartilo con todos nós.


Así explica Nerea como fixo:

 " Collín unhas eirugas da ruda e tívenas na casa. Deilles de comer ata que fixeron a crisálida e despois da metamorfose naceu a bolboreta macaón. Fun documentando todo con fotos e vídeos e logo meus pais e máis eu realizamos esta reportaxe de vídeo ".


Imos ver o estudo que fixeron. Aquí tendes o enlace: 

Nerea (3º A)

ACTIVIDADES ÚLTIMA SEMANA


HOXE VAMOS A PENSAR NO QUE MÁIS NOS GUSTOU DE TODO O CURSO.





VAMOS A RECORDAR OS DOUS LIBROS DO ITINERARIO LECTOR DESTE ANO E FACER UN BREVE RESUMO E UN DEBUXO.




CON ESTAS ACTIVIDADES XA ESTARÍA REMATADO O NOSO LIBRO DE RECORDOS.












MÚSICA




¡Hola chic@s!



 Semana: (del 18 de junio)



DESPEDIDA Y NOS VEMOS EN SEPTIEMBRE


 Y como última sesión de este “atípico” curso 2019-2020 me despido hasta septiembre con Dibujos Animados y Música Clásica.



TOM Y JERRY THE CAT CONCERT

EL PAÍS DE LA MÚSICA

THE BAND CONCERT DISNEY

THE PINK PANTHER

Un beso enorme a tod@s.
Ana

miércoles, 17 de junio de 2020

ACTIVIDADES ÚLTIMA SEMANA


HOXE IMOS A  REFLEXIONAR SOBRE AS COUSAS QUE APRENDIMOS ESTE CURSO. PENSADE NAS COUSAS QUE APRENDIMOS E ESCRIBIDE E FACEDE UN DEBUXO DAQUELAS COUSAS QUE VOS PARECERON MÁIS INTERESANTES.

1º Pensamos nos temas que demos este curso e as cousas que máis nos gustaron a hora de aprender.
2º Facemos un debuxo.




Deixamos o enlace ao PDF coas fichas para os que non o teñan.

Actividade pdf