Bos días familias!

Mostrando entradas con la etiqueta Actividade 09 Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividade 09 Naturais. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de abril de 2020

NATURAIS


Actividade 09 Naturais

1º Prestamos atención ao seguinte vídeo.





2º Ler a páxina 92.


3º Actividade: MURAL

Propoñémosvos facer un MURAL  cos materiais naturais (aqueles que atopamos  directamente na natureza). Aproveitando que podemos saír a dar un paseo preto da casa, ao mellor atopades algún elemento na natureza que vos sirva. Podedes buscar elementos de orixe animal, vexetal, mineral. E se tendes moitas ganas de traballar tamén podedes empregar materiais artificiais (obtéñense cando transformamos os materiais naturais).
A composición podedes facela como vos queirades, como máis vos guste. 

¡Usade a vosa imaxinación! Sabemos que sodes moi creativ@s porque o demostrades cada día.