Bos días familias!

Mostrando entradas con la etiqueta Despedida curso 2019-2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Despedida curso 2019-2020. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA DAS PROFESORAS!






XUÑO XA CHEGOU!

Cerramos o curso despois de varios meses de esforzos, de éxitos, de ensaios, de erros e de progresos. É o momento de facer balance, e o balance que facemos é moi positivo tendo en conta por todo o que pasamos xuntos.
Outro grupo de nenos e nenas pasa polas nosas vidas deixando unha pegada nas nosas emocións, sentimentos, e como xa sabemos na nosa profesión todo pasa primeiro polo corazón. E nós, as vosas profesoras e profesores querémosvos moito a todos/as. No noso corazón hai espazo para todos/as.
Ademais, esperamos tamén ter deixado nos nosos alumnos a nosa pegada. Que nos recorden con cariño e recorden aquelas cousas que aprenderon con nós. Queremos agradecer todo o bo que recibimos día a día dos nosos nenos e nenas.
Debedes recordar as cousas boas, pero tamén os erros.  Porque son os que nos fan máis sabios cada día. Propoñédevos  novas metas, desfrutade do que vos rodea dentro do posible. Sempre hai unha luz ao final do camiño. Aínda que todo pareza confuso o próximo curso, seguro que todos atoparemos esa luz.


DESFRUTADE DAS VACACIÓNS, DESCANSADE, RELAXÁDEVOS E REPOÑEDE FORZAS! AS VOSAS PROFESORAS AGARDAN POR VÓS O CURSO QUE VÉN CON TODA A ILUSIÓN DE SEMPRE!