CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA E O DÍA DOS
BOSQUES. (21 Marzo)
O 21 de Marzo celebrouse o Día da Poesía. O seu obxectivo é apoiar a diversidade lingüística mediante a
expresión poética. Este día está destinado a fomentar a tradición oral dos
recitais poéticos. Honrar aos poetas, revivir tradicións, promover a lectura, a
escritura e a ensinanza da poesía, fomentar a unión da poesía e outras artes
como o teatro, a danza, a música, a pintura...
O 21 de Marzo tamén se celebrou o Día Internacional dos Bosques, para levar a cabo actividades de
conmemoración e concienciación da importancia fundamental que teñen os bosques
para a vida e para o mantemento de todas as actividades humanas.
Le o poema e observa a fotografía.
ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.
ACTIVIDADE:
Hoxe en día estamos a vivir unha situación nova, estraña, difícil. Na que todas as persoas estamos nas nosas casas e non podemos saír por mor do Coronavirus. Agora imaxinade como se poden sentir, ou como se sentirían as árbores coas cidades en calma, sen xente.
Seguindo o modelo completa o poema “Árbores da cidade”, inventa dúas estrofas de catro versos.
Fai un debuxo dunha árbore.
Cando teñades o poema e o debuxo podedes envialo ao correo electrónico. Un saúdo para todos/as.


