Bos días familias!

sábado, 13 de junio de 2020

VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA



VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA


A Banda do Verán remitiunos para este fin de curso o seu novo videoclip. Con isto do confinamento, fixeron un vídeo de terror "electrodoméstico" coa intención de facernos rir un pouco despois de todo o que estivemos pasando todos. Está interpretado integramente por nenos e nenas. 

Pertence ao proxecto (libro disco e espectáculo) de música infantil A Casa do Terror, premiado cos pasados Premios Martin Codax e hai pouco co Premio Frei Martín Sarmiento que deciden os propios escolares. 



Fonte: Xoán Curiel. Canción: O Monstro da Lavadora (A Casa do Terror - Editorial Galaxia). Letra: Xoán Curiel.  Música: Xoán Curiel e A Banda do Verán.



Esperamos que vos guste e o disfrutedes! 

2 comentarios: