Bos días familias!

viernes, 19 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.




Algunhas familias preguntan por algún material co que traballar durante o verán. As familias que así o desexen, poden rematar os cadernos que quedaron sen acabar, tanto de matemáticas coma o de Harry Potter para clasificar palabras.

Os que queiran retomar algunhas das actividades propostas, tamén poden facelo con calma se así o consideran oportuno. O blog vai seguir aberto para que todas as familias que o consideren poidan ter acceso as actividades.


As nosas recomendacións para o verán son as seguintes ( para as familias que queiran repasar durante o verán):

Recomendamos a lectura, tanto en castelán coma en galego. Sobre todo en galego.

 Colgouse na web do centro, a guía de lecturas de verán con recomendacións de libros para ler. A través do seguinte enlace, http://agrobiblio.blogspot.com/, entraredes na páxina da biblioteca do centro e aí podedes consultar a guía de lecturas de verán. 

- Matemáticas: repasar o cálculo: sumas, restas, as táboas de multiplicar, multiplicacións por unha cifra ou por dúas cifras, divisións por unha cifra e  a resolución de problemas.

- Lengua e lingua: os que queiran, repasar a clasificación de palabras: substantivo, adxectivo, determinante e verbo.

Con todo iso xa sería suficiente pero se algunha familia o prefire, ten a opción de coller algún caderno de repaso.
Existen varias editoriais que elaboran libros de repaso para as vacacións de verán. Propoñémosvos un caderno de repaso para o verán da editorial vicens vives, que foron os libros cos que traballamos este curso.



Este é o libro en castelán, pero tamén está dispoñible en galego (recomendámosvos o libro en galego). Na versión en castelán non teñen incorporado o repaso de galego. Na versión de galego, podedes atopar a parte de lengua e ademais a parte de lingua, sociais e naturais tamén en galego.


Se non atopáredes este libro podedes coller calquera outra, como por exemplo, Santillana que tamén teñen libros de repaso para o verán.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario