Bos días familias!

martes, 5 de mayo de 2020

E. FÍSICA


Actividade 9

          1- Comezamos cun quecemento duns 10 minutos. Recordade facer unhas 10 repeticións. 

Empezar con movementos articulares:

-Comezar polos nocellos e ir subindo, xeonllos, cintura e ombreiros.
-Facer que nadamos cara adiante e cara atrás.
-Correr no sitio elevando os xeonllos.
-Correr no sitio, tocando cos talóns nos glúteos.

2- Estiramentos: Realizamos de novo os  movementos de Yoga que aparecen no vídeo da actividade anterior.

             Vídeo: El saludo al sol. Yoga para niños. Fonte: Smile and Learn – Español


 3- Parte máis intensa.

               Facer exercicios do tipo dos que aparecen no vídeo:

  Vídeo: Actividades Educación Física para realizar en casa.

   Fonte: roy cordero

                4- Para rematar podedes realizar esta ficha que aparece no seguinte enlace.
                      
                       O NORMAL É SER DIFERENTE




Non é necesario imprimila podedes utilizar a ferramenta de máquina de escribir do pdf (apartado: Comentario) para cubrila.




No hay comentarios:

Publicar un comentario