Actividade 21 ( COMO ACTIVIDADE PARA O XOVES 14 E VENRES 15).
Esta actividade como é algo extensa, propoñémola para facela en dous días. Se vos leva algún día máis tampouco pasa nada.
Esta actividade como é algo extensa, propoñémola para facela en dous días. Se vos leva algún día máis tampouco pasa nada.
Como vimos no tema 6 “Convivimos en sociedade”, as
tradicións son o conxunto de costumes, sucesos ou formas de actuar propios do
pasado dunha zona ou lugar. Os galegos como españois, temos unhas tradicións.
Estas tradicións, cando falamos de Comunidades Autónomas e máis en concreto das
distintas zonas, vilas ou cidades, poden variar en determinados aspectos como: os traxes típicos, as cancións, o tipo de
artesanía, as comidas e pratos típicos, os refráns, as lendas...
As lendas, son unha narración oral ou escrita
onde se explican feitos fantásticos de hai moito tempo. Ademais soen estar
relacionadas coas orixes históricas, costumes, símbolos... dun lugar. Exemplo
dunha lenda é a relativa ao sepulcro do Apóstolo
Santiago e á catedral de Santiago de Compostela que temos no tema 6.
Cando chega o mes de maio en Galicia, temos a
tradición popular de poñer un ramallo de xesta nos coches. A orixe desta
tradición vén explicada neste artigo de Nós
diario.
Coira, M.( 01/05/19). Por que se penduran xestas nos carros durante o Primeiro de Maio?. Nós diario. Recuperado de www.nosdiario.gal.cultura.
Actividade
1º Ler a lenda e o
artigo.
2º Vocabulario: Busca
o significado na RAG das palabras: xesta, rito, meigallo, bonanza, etnografía e
Neolítico. Anótao no teu caderno.
3º Investiga e
busca algunha outra lenda, tradición ou
festa popular da túa localidade relacionada co mes de maio, explícaa e fai un
debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario