Bos días familias!

lunes, 11 de mayo de 2020

LINGUA


Actividade 22 Lingua

Continuando coa obra " As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero deixámosvos un vídeo onde nos fan un resumo do conto.





ACTIVIDADE "Letras Galegas".


Facer un poema  partindo do título:  “Contáxiome co GALEGO. Coróome como poeta”.

 No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta  observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Nós toda esta tempada vivimos a nosa vida a través das nosas ventás. Así que toca soltar a vosa imaxinación e recrear nun poema os vosos sentimentos, estados de ánimo, emocións deses días sen poder saír... Os poemas que creedes,  ilustrádeos e pegádeos nas vosas fiestras. Antes de pegalos nas fiestras,  podedes facerlle unha foto ou escanealo e mandarnos o voso traballo.

Aquí vos deixamos unha ficha onde podedes escribir o voso poema.



Tamén vos deixamos unha ficha para colorear sobre o Conto "As pitas baixo a choiva".

FICHA PARA COLOREAR AS PITAS BAIXO A CHOIVA



No hay comentarios:

Publicar un comentario