Bos días familias!

martes, 12 de mayo de 2020

E.FÍSICA.


Actividade 10



1º. Quecemento.

Imos comezar facendo o quecemento  seguindo o ritmo da música. Movémonos facendo os pasos  utilizando o vídeo que segue. Non precisamos material.


 Vídeo: Calentamiento dinámico con música antes de jugar | Bádminton


Fonte: Sikana ES


2º. Parte activa.

Realizar a coreografía deste outro vídeo. Xa tiñamos feito uns pasos similares en clase, no curso pasado.

Vídeo. Música: Happy by Pharrell Williams


Fonte: Fonte: Music Express Magazzine, www.musicexpressmagazine.com.

 

3º Xogo para rematar.

  Dúas posibilidades. Eleximos a que queiramos.

-XOGO DO ARO. Necesitamos 1 aro para usar que non sexa moi pequeno. Realizar entre 2 ou máis en familia. Trataríase de facer unha pequena roda collidos das mans, mentres o aro está colgado do brazo. Trátase de ir pasándose o aro sen soltarse das mans para nada.

- A RISA CONTAXIOSA. Non necesitamos ningún material. A risa tamén se pode contaxiar. Vamos tentar facer rir  a quen poidamos na familia. Empezar a rir sen máis e procurar que os demais tamén se rían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario