Bos días familias!

martes, 17 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PROFE EDUCACIÓN FÍSICA



PLANIFICACIÓN DOS DIAS



• Debemos establecer un horario e unhas rutinas.

• Temos que organizar o horario cos nenos/ as, eles participan e poden tomar algunhas decisións. Seria ideal traballar dende as 10:00 ate as 13:00(actividades escolares que lle vaiamos colgando).

• O horario pódese realizar nunha cartolina e colgalo no cuarto.

• Selecciona as actividades que podes incluír nese horario.



EXEMPLO

 Levantarse

• Almorzar (como mestre de educación física enviarei unha dieta recomendable, inxerindo produtos axeitados a idade do neno/a dentro das posibilidades. Moi importante tomar mel, sobre todo nestes días, xa que aumenta moito as defensas do noso corpo)

• Asearse (incidir no lavado de mans con xabrón a miúdo) .

• Vestirse (aínda que vaiamos a estar na casa,para que poidan diferenciar os tempos de ocio e traballo)

• Reunión dos membros da familia para decidir que actividades van realizar e como o van a facer. Algunhas das actividades hai que realizalas todos os días e non están suxeitas a modificación (como as tarefas escolares ou responsabilidades familiares).

• Actividades a realizar (as que nos sube o mestre/a a plataforma dixital). Revisala diariamente.

◦ Actividade física: NON SAÍR AO PARQUE. En función das posibilidades de cada familia: saír ao aire libre (patio ou terraza)

 ▪ Saír coa bicicleta, patinete, patíns (terraza).

▪ Realizar xogos, hai que tirar de imaxinación ou simplemente pensar a que xogabamos nós? Ás chapas o micado.(como mestre de educación física enviarei como elaborar materia para xogar, así mesmo entreterémonos creando ese material.

▪  Televisión/ pantallas: sexamos realistas: as familias temos que seguir organizando a nosa rutina. Se temos a sorte de non “ teletraballar” podemos facer o anterior. Se non, é complicado. Aínda que os nenos/as poidan xogar a play e non “molestar”, non é bo que estean seguido cos videoxogos.

▪ Pactar con eles que se vai a ver: Clan, Disney, Netflix, Youtube

▪ Comunicarlles a que hora remata a televisión. Dispoñer dun reloxo visible e anticiparlles: Cando a agulla pequena chegue aquí… cando o reloxo marque as…. É importante que se deiten cedo e se levanten cedo tamén, a pesaren da situación que vivimos, non debemos “abandonarnos”.

◦Comida (poden axudar a recoller e colocar a mesa...recordámoslle o lavado de mans continuamente ata que o fagan de forma mecánica).

◦ Sesta para os máis pequenos / Para os maiores: película familiar, documental ou xogo libre en casa cos xoguetes ( playmobil, , cochecitos…)

◦ Lectura: momento de lectura. O tempo variará segundo a idade do neno/a. Para os mais peques, poden velos, botarlle un ollo, podémosllos ler nós. Actividade post lectura: fago un debuxo do que lin ou un pequeno resumo.

◦ Actividade ao aire libre ou no cuarto. Aquí podemos aproveitar para realizar os xogos de educación física que lle vou colgar na plataforma(por exemplo as chapas)

◦ Escoitar música e bailar. Crear coreografías

◦ Xogos de mesa familiares: xogos de toda a vida! Cartas, un bingo, xadrez, oca parchís. Tamén quebracabezas. Pode ser un reto empezar un quebracabezas de moitas pezas e facelo con eles.

◦ Preocupación familiar: vídeo chamadas con familiares, con amigos/ as.

◦ Ducha

◦ Cea (lavar mans e logo dentes)

◦ contos e dormir!




           Máis xogos para pasar o tempo cos nenos/as



• Xogar aos disfraces (disfrazarse coa roupa dos adultos) • Cociñar: facer un pastel sinxelo, unhas galletas, un biscoito…

• Organizar os xoguetes, aproveitade e facer limpeza

• Colaborar nas tarefas domesticas

• Pasatempos

• Ginkanas na casa

• Procura do tesouro na casa

• Realizar un teatro

• Pintar a cara

• Organizar un día de cámping dentro de casa. Déixalles que organicen o día e as cousas que necesitan eles e elas. Pódeslles facilitar unha tenda de campaña sinxela de montar ou unha tenda..

• Xogar aos bolos. Busca botellas iguais, unha pelota e xogar a derrubalas.

• Xogar ás diferenzas. En casa, que pechen os ollos e cambia algo de posición e ao abrilos han de pescudar que se cambiou de lugar.

• Mandar audios de whatssap aos compañeiros/ as do cole.



Isto son unhas recomendacións de todo que se pode facer e sempre de unha maneira flexible. Nós como mestres/as podemos chegar ata aquí, pero recordade, nos intentamos colaborar e non complicar máis as situacións, o traballo que realizamos é sempre buscando favorecer a formación dos nenos e nenas. Grazas pola vosa colaboración e vémonos pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario