CHAPAS
Xogo de habilidade que consiste en percorrer un circuíto cunha chapa de refresco. Píntase no chan cun anaco de xeso, un circuíto de dúas liñas paralelas, bastante longo e con numerosas curvas, onde se marcase a liña de saída e a de chegada. Cada xogador percorrerá coa súa chapa o circuíto debuxado. A forma de mover a chapa é golpeala coa uña do dedo corazón axudándose para ter máis precisión e forza no tiro co dedo polgar. As saídas do circuíto penalízanse con volver empezar. Está permitido chocar unhas chapas con outras para así facer saír do circuíto ao outro participante. Outra forma de xogar con chapas eran as “carreiras ciclistas”, utilizando o bordo das beirarrúas ao que a unha distancia determinada pintábase unha liña cun anaco de xeso simulando unha etapa. Se a túa chapa caía nunha etapa tiñas que volver a principio desa etapa.
Algúns xogadores adornaban as súas chapas coas caras que saían nos cromos, colocando encima un cristal que o ían recortando cunha pedra e pegábano con faragulla de pan, outros as pintaban para distinguir a propia, para darlles peso enchíanas de cera, coas peladuras das laranxas.
Hai moitas variantes do xogo de chapas, e debedes ser creativos para elaborar o circuíto, xa que non podedes pintar o chan da casa, pero podedes usar cables ,cordas ou cordóns para delimitar o circuíto (por exemplo).
ELABORAR O XOGO DAS CHAPAS
EXEMPLO COMO SE XOGA
No hay comentarios:
Publicar un comentario