UN APLAUSO POR TODOS OS NOSOS NENOS/AS QUE O FAN XENIAL!
BOS DÍAS
FAMILIAS!
Un día máis,
seguimos aunando esforzos para entre todos apoiarnos e seguir adiante.
Sentímonos
orgullosos e orgullosas dos nosos nenos e nenas que día a día se esforzan ,
nenos e nenas que nestes momentos difíciles, fanse cada vez máis maiores.
Moito ánimo, nenos/as,
non vos desanimedes, todo esforzo merece a pena, e non vos olvidedes de sorrir
día a día como tan ben sabedes facelo.
Noraboa familias,
e moito ánimo tamén.
Dedicámoslles aos
nosos nenos/as e as familias esta canción porque o merecen.
Rozalen y Estopa: Vivir
Nós, que aplaudimos tódolos días ás 20:00h por "elas" e "eles" que tanto o merecen, hoxe aplaudiremos con máis forza si cabe tamén ás 18:00h polos nenos, que aínda sendo pequechos, demostran ser tan solidarios e responsables na parte que lles toca.
ResponderEliminarMoito ánimo.
E por certo; cando escoitemos a Rozalen e Estopa prestemos atención á letra. Di moito.