Bos días familias!

jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO



23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO - IMOS A FACER ALGO DIVERTIDO!!!!!


PODEDES ENVIAR FOTOS OU VÍDEOS SIMPÁTICOS ONDE SAIADES  LENDO.



Queremos aproveitar este día para animarvos a facer fotos ou vídeos simpáticos, nos que saiades lendo dun xeito pouco habitual ou divertido. Os que saiban e queiran ler noutros idiomas tamén poden facelo. Trátase de pasar un momento divertido e compartilo con todos para que esta espera sexa máis amena.


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DAS PROFES PARA QUE VOS ANIMEDES. BICOS!!




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!




BREVE HISTORIA DO DÍA DO LIBRO



O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.



As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O 6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o rei Alfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.

No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.


2 comentarios:

  1. Jaaajajaa!!!! Bravo!!! Bravissimo!!! Bueno, yo no sé qué pasa en otras casas, pero en la mía lo que más anima a Hugo son estos vídeos y este tipo de "clase online". MÁS!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Nuria también pensando ideas😂😂

    ResponderEliminar