Bos días familias!

jueves, 23 de abril de 2020

E. F. Actividade  6


Ola a tod@s, aínda que esteamos confinados nas nosas casas non é bo descoidar a alimentación nin o exercicio físico, por esta razón debemos movernos polo menos 30 minutos diarios. Como o facemos? No apartado de E. Física vos estamos deixando distintas opcións  tentando facelo o máis dinámico, entretido e divertido posible. Para esta ocasión propoñemosvos comenzar cos exercicos deste primeiro vídeo:

 -“ Kids HIIT Workout 2 “. Picade no enlace para velo.



Despois facer algunha outra das coreografías que aparecen no vídeo “ Coreografías infantiles”. Aquí vos poñemos de novo o enlace:


Finalizamos  vendo un vídeo sobre hábitos de hixiene e despois podedes facer unha ficha  que se propón sobre hábitos hixiénicos e emocións. 

Vídeo. " Hábitos de higiene"




Aquí vos aparece o enlace onde podedes descargar a ficha.


Como estamos traballando conxuntamente os dous profesores de E. Física que damos clase nos terceiros, os que queiran tanto de 3º B como de 3º A podedes mandarlle estas fichas ao mestre de E. Física de 3º B ao email que vos aparece no archivo.



Gustaríanos que aínda que estamos nunha situación de confinamento, sigades facendo algo de exercicio físico dentro das posibilidades de cada un. Esperamos tamén que as propostas que vos poñemos vos agraden.

E o dito:


 A facer exercicio aínda que sexa na casa!

1 comentario:

  1. hola chicos os echo mucho de menos pero yo os juro q esto se ba a acabar

    ResponderEliminar