Propoñémosvos:
1º- Facer un quecemento duns 10 minutos con exercicios do tipo seguinte e facendo unhas 10 repeticións máis ou menos:
*Movementos articulares:
- Comezamos polos nocellos e imos subindo, xeonllos, cintura e ombreiros.
-Facer que nadamos cara adiante e cara atrás.
-Correr no sitio elevando os xeonllos.
-Correr no sitio, tocando cos talóns nos glúteos.
*Estiramentos:
- Estiramos brazos cara arriba como se quixéramos tocar o teito.
- Sentados coas pernas abertas, levantamos unha perna completamente estirada e logo a outra sen dobrar o xeonllo.
- Sentados coas pernas abertas, dobrámonos sobre unha perna e estirándonos tentamos tocar o pé. Logo o mesmo sobre a outra.
- De pé coas pernas abertas para non perder o equilibrio, facemos estiramentos laterais colléndonos as dúas mans. Primeiro dobrámonos cara un lado e logo cara o outro.
*Movémonos ao ritmo de calquera música algo rápida.
Actividade:
- Coa música que escolléchedes inventades uns moventos facendo un pequeno baile. Podedes facer un vídeo co que inventáchedes e enviárnolo sempre co cosentimento dos vosos pais.
-Por último propoñémosvos un pequeno reto. Lede a seguinte información e intentade resover o enigma.
Fonte: Galicia,un relato no Mundo/Didácticas/ciudadedacultura.gal pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario